Aberto ata o 5 de marzo o prazo para presentar as candidaturas ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa
A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu esta mañá a presentación da X edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’.