Novas
-
-
Érika Reija, gañadora do XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa
Érika Reija, xornalista luguesa da Televisión Española, que abandonou este ano a correspondencia de Moscova tras a aprobación dunha lei que criminaliza o traballo xornalístico, é a gañadora da XVIII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol.
-
Mònica Bernabé, Pablo González, Víctor Guerrero e Érika Reija, candidatos ao XVIII Premio Couso
O Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, anuncia as candidaturas da súa décimo oitava edición, na que ten unha gran presenza o actual conflito entre Rusia e Ucraína. Á edición deste ano concorrerán Mònica Bernabé, xornalista destacada polo seu traballo en Afganistán; Pablo González, informador encarcerado en Polonia baixo a acusación de espionaxe; Víctor Guerrero, enviado especial da televisión pública á guerra de Ucraína; e Érika Reija, correspondente da TVE en Moscova até a aprobación dunha lei que criminaliza o traballo xornalístico.
-
O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol convocan a XVIII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol abren a convocatoria da décimo oitava edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Pódense presentar candidaturas ao galardón desde hoxe ata o luns 7 de marzo ás 14:00 horas.
-
Manuel Rico e Lorenzo Milá reciben os seus premios Couso nunha cerimonia marcada pola pandemia
Manuel Rico, director de investigación de infoLibre, recolleu esta mañá no Centro Torrente Ballester de Ferrol o XVII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. Nos actos de entrega, cunha capacidade máxima moi limitada polas restricións sanitarias, participou tamén Lorenzo Milá, gañador da anterior edición, que o ano pasado non se puidera trasladar á cidade departamental por mor da pandemia.
-
Manuel Rico, gañador do XVII Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O xornalista de investigación Manuel Rico é o gañador da XVII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol.
-
Lydia Cacho, Daria Chultsova e Katerina Bakhválova, a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información e Manuel Rico, candidatos ao XVII Premio Couso
Catro candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, na súa décimo sétima edición: a xornalista, activista e escritora mexicana Lydia Cacho; as informadoras bielorrusas condenadas recentemente a dous anos de cadea Daria Chultsova e Katerina Bakhválova; a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información, que agrupa organizacións e persoas do ámbito xurídico, do xornalismo e dos movementos sociais; e Manuel Rico, actual director de investigación do InfoLibre, cunha longa traxectoria no xornalismo de investigación.
-
O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol convocan a XVII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol abren a convocatoria da décimo sétima edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Pódense presentar candidaturas ao galardón desde hoxe ata o martes 23 de febreiro ás 14:00 horas.