Manifesto da organización lido na ofrenda ás Ás Ceibes, da autoría de Verónica Vázquez
Un ano máis. Outra raia no calendario. Outra fenda na parede. 30 anos xa dende que a UNESCO proclamou o Día Mundial pola Liberdade de Prensa, onde as voces do xornalismo volvemos reivindicar o noso. Unha xornada de loita, de botar contas e reflexionar. Este ano o recoñecemento desta efeméride caeu sobre tres iranianas encarceladas, Niloofar Hamedi, Elaheh Mohammadi e Narges Mohammadi, que coas súas reportaxes conduciron a unha revolución histórica liderada por mulleres e que pagaron un alto prezo polo seu compromiso de informar e transmitir a verdade